publicidade hoxe

A Deputación da Coruña financia a contratación de 10 operarios para a limpeza de praias en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabanas
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe as bases para a contratación de 2 capataces e oito peóns en Cabanas, cuxos custes salariais financia a Deputación da Coruña, para a limpeza das praias do concello durante os meses de verán.

As funcións que desempeñarán os traballadores serán as necesarias para manter a praia e o piñeiral da Madalena, así coma os areais de Chamoso e Río Castro, o seu entorno e os accesos viarios en perfectas condicións para o seu uso por parte dos bañistas.

Prioridade desempregados/as con dificultades para a integración laboral

Entre os requisitos que deben cumprir os/as aspirantes a estes postos de traballo, figuran ter cumpridos os 16 anos de idade e estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente..
Así mesmo, darase prioridade ás persoas con dificultades para a integración laboral, como aos parados de longa duración, aos menores de 25 anos sen experiencia laboral, ás vítimas de violencia de xénero ou ás persoas con discapacidade.

Os aspirantes deberán realizar tamén un caso práctico e pasar unha entrevista persoal sobre as funcións a desenvolver no posto de traballo.

6 de xuño de 2017 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.