publicidade hoxe

Xunta e concello de Baralla asinan un convenio para a execución dunha mellora integral da rúa Anxel Fole cun investimento de 820.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaLocal PortadaLugo
A-
A+
Ethel Vázquez na sinatura do convenio co Concello de Baralla

Ethel Vázquez na sinatura do convenio co Concello de Baralla

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Baralla, Manuel González, asinaron hoxe un convenio de colaboración para levar a ca bo as obras de mellora integral da rúa Ánxel Fole mediante un investimento de 820.000 euros, dos cales o municipio achegará 80.000.

A actuación supón executar unha reforma en profundidade da rúa Ánxel Fole, que comunica a Praza Maior coa rúa Aranza, e na que se atopan instalacións tan importantes como o Centro de Saúde do núcleo urbano.

A Axencia Galega de Infraestruturas dispón xa do proxecto construtivo redactado para a execución das obras, cuxa responsabilidade asume o Concello de Baralla.

A actuación ten por obxectivo a renovación integral desta rúa de 530 metros, situada en pleno casco urbano, cun trazado paralelo á N-VI, coa fin de ofrecer unha maior seguridade tanto aos vehículos coma os peóns. Nalgúns tramos da rúa ampliarase a calzada e as beirarrúas, que salvo que as edificacións existentes non o permitan, terán unha anchura media de 1,80 metros. Ditas ampliacións repercuten directamente nunha maior seguridade viaria que se complementa coa renovación dos servizos públicos que presta o concello.

Os traballos a acometer tamén contemplarán outras accións complementarias como a renovación do servizo de abastecemento, saneamento, pluviais e alumeado público.

Na calzada levarase a cabo o fresado da capa superficial e a extensión dunha nova capa de rodadura de mestura bituminosa en todo o ancho, habilitando dous carrís de ancho homoxéneo cun total de 6 metros. Ademais, realizarase o ensanche da plataforma nos treitos onde é posible para habilitar zonas de aparcamento.

9 de maio de 2017 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.