O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita Agolada para analizar o convenio de colaboración na loita contra o lume
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Agolada, co obxectivo de analizar co alcalde do municipio, Ramiro Varela, as tarefas preventivas realizadas nesta área para evitar os lumes forestais e o convenio de colaboración na loita contra o lume.
O distrito XVI, no que se atopa Agolada, conta con 96.771 hectáreas, das cales 15.912 son montes veciñais en man común que pertencen a 131 comunidades de montes, sendo o resto montes particulares. En concreto, no concello de Agolada, hai catro montes en man común que supoñen 775,5 hectáreas nas parroquias de Trabancas, Eidián e Ventosa.
Durante a visita, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, asegurou que es importante seguir a traballar na limpeza dos montes, de cara a ter o monte preparado para esta etapa estival, intentando así minimizar os posibles lumes que se puideran xerar. “En 2016 investíronse dende Medio Rural case 6 millóns de euros na área da Delegación Territorial de Pontevedra co obxectivo de poñer en marcha traballos, rozas, brigadas e infraestruturas que logren preparar os montes de cara a época de maior intensidade de incendios. Este ano, o investimento roldará unha cifra similar”.
Deste xeito, a administración autonómica xa está a levar a cabo traballos de prevención, roza e apertura de pistas forestais dende o último trimestre do ano pasado. “Seguimos a preparar o monte de cara estival, e, en concreto, no distrito XVI, traballamos nos concellos de Agolada, Cerdedo, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces”.
Ademais destas contratacións, continúa o convenio cos concellos para seguir a executar labores preventivas contra incendios. Así, neste distrito cóntase con 20 brigadas, unha delas en Agolada, que supoñen 98 brigadistas e 17 motobombas. Trátase dun investimento que supera os 303.000 euros. “A todo o anterior hai que sumar as brigadas fixas-discontinuas coas que conta a Consellería de Medio Rural que xa están a revisar as infraestruturas de loita contra o lume de cara ao próximo verano”, matizou o responsable territorial.
Nestes intres, segundo apuntou Cores Tourís, estase a tramitar a solicitude de dous camións contra incendios para os concellos de Dozón e Silleda. O de Dozón incorporarase, a través da firma dun convenio coa Xunta, ao dispositivo do Distrito.
A maiores, os GES da Estrada e Lalín están tamén a atender aos concellos de Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro e Dozón, a través dun investimento de 197.156 euros que asumen os dous concellos.
Por outra banda, tamén acaba de pechar o prazo para a liña de axudas de incendios para tratamentos silvícolas e puntos de auga á que se presentaron este ano 188 solicitudes, 32 delas no distrito XVI, ao que se destinarán 204.000 euros. “En 2016, a través desta subvención, investíronse 1,5 millóns de euros de cara a poder executar traballos que manteñan o noso monte limpo e a contar con infraestruturas que permitan atallar as lapas nada más iniciarse un fogo”, rematou Cores Tourís.