publicidade hoxe

Medio Rural continúa a traballar pola mellora da IXP Faba de Lourenzá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLourenzáLugo
A-
A+
Belén do Campo na reunión con representantes da IXP Faba de Lourenzá

Belén do Campo na reunión con representantes da IXP Faba de Lourenzá

A Consellería do Medio Rural segue a traballar en favor da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, desta vez coa investigación e o estudio das variedades de fabas galegas. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, mantivo un encontro con representantes do consello regulador da IXP, coa cooperativa produtora desta variedade Terras da Mariña e co investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Antonio de Ron, para coñecer os avances dos traballos levados a cabo. No encontro tamén estiveron presentes deputados da provincia de Lugo, Raquel Arias e Daniel Vega.

Na cita deuse conta das investigacións que dende a Misión Biolóxica de Galicia se están facendo ao respecto da faba de Lourenzá como un estudio sobre o valor nutritivo e culinario desta variedade protexida, pero tamén sobre as variedades de sementes que hai na nosa comunidade.

Medio centenar de produtores están amparados dentro da IXP Faba de Lourenzá, ademais de oito almacenistas e envasadores. Calcúlase que se comercializa unha produción superior aos 9.000 quilos cun valor económico estimado de 84.000 euros.

A Misión Biolóxica de Galicia é un centro do CSIC adscrito á área de ciencias agrarias que se ocupa dalgúns dos principais cultivos desta comunidade e abarca diversos aspectos de conservación e caracterización de recursos fitoxenéticos. Traballa con produtos como o millo, a vide, a xudía ou o chícharo.

3 de maio de 2017 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.