Marisol Díaz reúnese co rexedor de Castrelo de Miño para escoitar as demandas do municipio

Marisol Díaz na reunión co alcalde de Castrelo de Miño
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, reuniuse esta mañá no seu despacho co alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, para escoitar e analizar as necesidades deste municipio, co obxectivo de priorizar, posteriormente, as actuacións do Goberno galego.