publicidade hoxe

Clausúrase o OOEE Granxa da Rúa VI que ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá na Casa do Concello de Cangas o obradoiro de emprego Granxa da Rúa VI, que ofreceu formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses.

Este programa mixto de formación e emprego centrouse na realización de obras e prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitaron un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

No caso concreto de Cangas, o obradoiro formou a 20 alumnos e alumnas nas especialidades de atención sociosanitarias a persoas no domicilio (10 persoas) e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (10) durante os últimos 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional.

A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, partipou esta mañá na clausura xunto ao alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e recordou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego forman parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

Ademais, a convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

30 de maio de 2017 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.