Carmela Silva será madriña da mostra de “Rostros da Filosofía: trazos e pensamentos”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aceptou hoxe amadriñar a exposición “Rostros da Filosofía: trazos e pensamentos” que realizarán os alumnos da UNED sénior o próximo mes de xuño. Así o solicitou Marcelino Agis, profesor de filosofía da UNED sénior de Pontevedra que estivo acompañado polos membros sénior da comisión de cultura, quen presentoulle os actos da exposición e os “Cadernos de filosofía”, que editou a Deputación para os alumnos sénior da UNED.
A exposición “Rostros da Filosofía: trazos e pensamentos” está composta por 35 debuxos de rostros de diferentes filósofos de toda a historia da humanidade, de pequeno formato, realizados todos polo alumno da clase de filosofía sénior, Alberto Vidal Pazos. Cada debuxo irá acompañado dunha frase na parede que resuma o seu pensamento filosófico, de maneira que non é só unha exposición de debuxos, senón máis ben unha expo de filosofía.
A Presidenta da Deputación, agradeceu aos alumnos e o profesor de filosofía da UNED, polo ofrecemento de amadriñar esta exposición e subliñou a importancia de contar con pensadores e que a cidadanía reciba unha formación nesta materia “tan importante nos tempos onde todo se quere reducir a un pensamento de 140 caracteres”, recalcou Silva.
Os alumnos sénior de filosofía da UNED fixeron entrega tamén á Presidenta da publicación dos “Cadernos de Historia de la Filosofía V: Pensamiento contemporáneo”, editado pola Deputación, firmado por todos os alumnos como un recordo e en agradecemento pola colaboración da institución provincial na súa formación.











