publicidade hoxe

A Xunta continúa o expurgo nos xulgados co traslado e eliminación dun millón de expedientes en catro anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron hoxe o xulgado de primeira instancia e instrución do Carballiño, onde comprobaron in situ o resultados dos labores de expurgo realizados no seu arquivo.

O Goberno autonómico comezou, hai catro anos, un plan de expurgo na administración de xustiza co obxectivo de gañar espazo e dispoñer de arquivos máis ordenados, útiles e eficaces. Desde a posta en marcha deste plan, téñense trasladado ou eliminado preto dun millón de expedientes dos xulgados galegos.

Carballiño constitúe un bo exemplo destes traballos. A actuación consistiu, fundamentalmente, en ordenar o arquivo, para que sexa máis doado atopar documentos; en retirar e eliminar aquela documentación que non ten valor; e en rematar coa duplicidade de arquivos, xa que parte dos documentos estaban en Ourense.

Ás vantaxes evidentes deste traballo, súmase que estes labores permitiron tamén atopar documentos históricos, que serán debidamente conservados. En concreto, neste caso apareceu unha escritura de foro de 1601 do lugar de Sobreira Maior.

30 de maio de 2017 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.