publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio no municipio do Irixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO IrixoSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio no concello ourensán do Irixo.

A Policía Autonómica de Ourense identificou a un home como presunto autor dun lume ocorrido o 27 de abril, no lugar de Nogueiroá, parroquia de Parada de Labiote, e que afectou unha superficie de 0,27 hectáreas de monte arborado e raso. O lume produciuse cando o investigado estaba a realizar unha queima de restos agrícolas nunha data na que as queimas estaban suspendidas en toda Galicia. Por este feito, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda do Carballiño.

No que vai de ano son 33 as persoas detidas ou investigadas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

2 de maio de 2017 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.