A Deputación da Coruña destina 4 millóns de euros aos servizos sociais comunitarios dos concellos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña destina case catro millóns de euros ao seu programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para o ano 2017, segundo se recolle na resolución provisional publicada no Boletín Oficial da Provincia. A institución provincial financia os servizos dos concellos coruñeses con menos de 20.000 habitantes.

A Deputación da Coruña publica a resolución provisional do programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para o presente ano ao que destina un total de 3.845.553, 12€. Esta liña de axudas destínase a dar asistencia económica ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de servizos sociais. Con este programa, subvenciónanse os gastos dos profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais entre os que se inclúen persoal técnico ou persoal do servizo de axuda no fogar.

“A Deputación da Coruña demostra con esta liña que considera o apoio aos servizos sociais comunitarios dos concellos pequenos un eixo fundamental na súa actuación, en especial, cando desde outras institucións recortan en áreas que son de vital importancia porque cada vez son máis as persoas que precisan de atención”, explica a deputada de Servizos Sociais, Ánxela Franco. A deputada responsable da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da Deputación da Coruña considera que é preciso “achegar recursos aos concellos para as persoas que requiren este tipo de servizos, tendo en conta ademais a lenta tramitación e tardanza no pago por parte da Xunta das ás axudas ás persoas dependentes”. Ánxela Franco anunciou tamén a organización desde a área dunhas xornadas en que se abordará a mellora no financiamento que achegue máis recursos aos concellos para este obxectivo.

Achega aos distintos concellos

Abegondo: 57.140,72 €; Aranga:42.128,12 €; Ares: 45.488,21 €; Arzúa: 37.586,97 €; A Baña: 51.502,50 €; Bergondo: 51.502,50 €; Betanzos: 83.084,81 €; Boimorto: 31.572,68 €; Boiro: 65.023,07 €; Boqueixón: 57.516,78 €; Brión: 53.027,07 €; Cabana de Bergantiños: 31.572,68 €; Cabanas: 31.572,68 €; Camariñas: 71.088,81 €; A Capela: 17.643,83 €; Cariño: 53.027,07 €; Carnota: 31.572,68 €; Carral: 59.008,79 €; Cedeira: 51.502,50 €; Cee: 52.994,50 €; Cerceda: 45.488,21 €; Cerdido: 17.643,83 €; Coirós: 45.488,21 €; Corcubión: 52.994,50 €; Curtis: 45.488,21 €; Dodro: 51.502,50 €; Dumbría: 37.573,65 €; Fene: 44.684,99 €; Fisterra: 53.027,07 €; Irixoa: 24.066,38 €; A Laracha: 58.600,52 €; Laxe: 37.586,97 €; Lousame: 51.502,50 €; Malpica de Bergantiños: 51.502,50 € ; Mañón: 32.656,42 €; Mazaricos: 51.502,50 € ; Melide: 52.994,50 €; Mesía: 45.488,21 €; Miño: 90.591,11 €; Moeche: 17.643,83 €; Monfero: 17.643,83 € ; Mugardos: 47.012,78 €; Muros: 52.994,50 €; Muxía: 65.023,07 €; Neda: 37.586,97 €; Negreira: 67.692,54 €; Noia: 68.072,22 €; Ortigueira: 77.070,53 €; Outes: 39.078,97 €; Oza – Cesuras: 77.047,57 €; Paderne: 39.111,54 €; Padrón: 72.529,37 €; O Pino: 33.097,25 €; A Pobra do Caramiñal: 56.043,65 €; Ponteceso: 33.097,25 €; Pontedeume: 69.169,28 €; As Pontes: 45.125,82 €; Porto do Son: 62.057,94 €; Rianxo: 59.008,79 €; Rois: 62.057,94 €; Sada: 83.084,81 €; San Sadurniño: 51.502,50 €; Santa Comba: 75.578,52 €; Santiso: 24.066,38 €; Sobrado: 31.572,68 €; As Somozas: 23.658,12 €; Teo: 65.023,07 €; Toques: 31.572,68 €; Tordoia: 51.502,50 €; Touro::45.488,21 €; Trazo: 43.601,25 €; Val do Dubra: 59.008,79 €; Valdoviño: 50.010,48 €; Vedra: 59.008,79 €; Vilarmaior: 31.572,68 €; Vilasantar: 51.502,50 €; Vimianzo: 51.107,54 € e Zas: 52.586,24 €

30 de maio de 2017 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.