publicidade hoxe

Susana López Abella participa na mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+
Susana López Abella na mesa local contra violencia de xénero en Melide

Susana López Abella na mesa local contra violencia de xénero en Melide

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do concello de Melide. O obxectivo deste órgano é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións de cara á erradicación desta lacra.

López Abella destacou que compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático. Polo tanto, resulta fundamental coordinar todos os recursos dirixidos a sensibilizar a toda a sociedade na loita e prevención da violencia de xénero.

López Abella destacou que é necesario que a coordinación se estenda tamén ao ámbito municipal, favorecendo iniciativas como a posta en marcha e dinamización das Mesas Locais de Coordinación contra a Violencia de Xénero, en tanto son instrumentos que permiten optimizar a cooperación de todas as entidades implicadas neste obxectivo común e contribúen a optimizar a accesibilidade aos recursos e as prestacións dos servizos de atención ás mulleres afectadas por situacións de violencia de xénero.

25 de abril de 2017 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.