Sol Vázquez destaca o labor dinamizador de Expourense en sectores estratéxicos da economía galega

Sol Vázquez na presentación da memoria de actividades de Expourense
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou hoxe, na presentación da memoria de actividades de Expourense durante o pasado ano 2016, o labor dinamizador deste recinto en sectores estratéxicos da economía galega e da provincia ourensá, como o termalismo ou a gastronomía grazas á celebración de 11 feiras e 20 eventos que contaron con máis de 117.000 visitas.
A directora xeral tamén puxo en valor o esforzo realizado desde Expourense no eido da internacionalización, xa que tres das cinco feiras internacionais celebradas o pasado ano na comunidade se realizaron neste recinto ourensán. Neste sentido asegurou que estes eventos actuaron como escaparate dos produtos e sectores punteiros de Galicia.











