publicidade hoxe

Os veciños da zona de Mundil, en Cartelle, xa poden usar as novas parcelas da reestruturación parcelaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCartelle
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o aviso da Consellería do Medio Rural polo que se anuncia a toma de posesión provisional das fincas da reestruturación parcelaria de Mundil, no concello ourensán de Cartelle.

Esta concentración parcelaria supón a reorganización da propiedade de 15.471 parcelas pertencentes a 813 propietarios. Dende o inicio da mesma lévanse investido case 3,9 millóns de euros que, na súa meirande parte se destinaron á execución da rede de camiños e ao acondicionamento das novas leiras.

Con este anuncio dáse un paso máis no proceso de reestruturación e ponse en coñecemento dos veciños que xa poden comezar a usar as novas parcelas resultantes da reorganización das terras agrarias. Deste xeito, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez contribúe a mellorar as explotacións agrogandeiras ao aumentar a súa base territorial, á vez que se acondicionan os accesos aos novos predios.

A partir da toma de posesión e no prazo de 60 días, os adxudicatarios van poder reclamar ante a Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real das novas fincas e a que conste no expediente de concentración.

11 de abril de 2017 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.