publicidade hoxe

O programa Erasmus para mozos emprendedores permite aos artesáns adquirir novos coñecementos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asistiu esta tarde, acompañada da xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, á presentación do programa europeo Erasmus para mozos emprendedores que se celebrou na Cámara de Comercio de Santiago. No acto destacou as oportunidades que a iniciativa ofrece aos artesáns galegos para facilitar a súa mobilidade e para adquirir novos coñecementos.

O obxectivo desta iniciativa é promover o intercambio de experiencias entre emprendedores de toda Europa, durante períodos de entre un e seis meses, para que, por unha parte, os novos emprendedores teñan acceso á experiencia dos expertos e, por outra, os empresarios experimentados adquiran coñecementos e técnicas dos máis novos.

A directora xeral explicou que este programa encaixa na aposta da Xunta por impulsar o sector artesán galego conxugando a innovación coa tradición. Tal e como lembrou, trátase dun sector en crecemento que emprega a máis de 5.000 persoas en Galicia, que logra captar novos emprendedores e que supón unha importante vía de dinamización económica e turística, especialmente nas zonas rurais.

Como mostra deste apoio, a Xunta ten aberto o prazo de solicitude de axudas dirixidas aos obradoiros artesanais, os concellos galegos e as asociacións profesionais e empresariais de artesáns para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da súa competitividade. A Xunta, que este ano destina 215.000 euros, aposta pola artesanía como elemento dinamizador da economía pola súa capacidade para crear emprego e riqueza.

Na pasada edición, a Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu apoios por máis de 150.000 euros a 33 obradoiros profesionais, 11 concellos e á Asociación Galega de Artesáns que permitiron a súa presenza en 45 feiras nacionais e internacionais así como a organización de diversas mostras.

19 de abril de 2017 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.