Marisol Díaz reúnese coa alcaldesa de Castro Caldelas para escoitar as demandas da localidade

Marisol Díaz na reunión coa alcaldesa de Castro Caldelas
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, continuou hoxe a rolda de encontros institucionais cos alcaldes da provincia para escoitar os responsables municipais e analizar as súas demandas, co obxectivo de priorizar, posteriormente, as actuacións do Goberno galego na provincia. Así, hoxe reuniuse coa alcaldesa de Castro Caldelas; Sara Inés Vega. A máxima representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle ao rexedor deste municipio “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.