publicidade hoxe

Licitadas as obras de reparación de nove vivendas de promoción pública en Ferrol por un importe de 142.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

A Xunta destinará máis de 142.000 euros á execución de obras de reparación en vivendas de promoción pública e edificios propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda na cidade de Ferrol. O prazo de execución é dun mes, excepto en dúas vivendas en que se amplía ata mes e medio.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Resolución pola que se licitan ditas obras en nove vivendas emprazadas nas rúas Prado, Mestre López Dafonte, Fonte do Piñeiro e Mourel. Para obter máis detalles pódese consultar neste enlace.

Ao tratarse de vivendas que xa estiveron ocupadas, as obras consistirán na adecuación das mesmas para que volvan ser adxudicadas, e afectarán a elementos interiores como paredes e tabiques, pavimentos, baños, etc.

En total realizaranse obras de reparación en nove vivendas, que serán adxudicadas a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda.

O Goberno galego tamén publica hoxe a licitación de obras destinadas á mellora da eficiencia enerxética en vivendas de Melide. Todas son vivendas de promoción pública construídas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

18 de abril de 2017 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.