publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal rexistrado na parroquia de Vilaspasantes en Cervantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello lugués de Cervantes, parroquia de Vilaspasantes, quedou extinguido onte ás 22:20 horas. Neste incendio rexistráronse cinco focos diferentes de xeito simultáneo que, segundo as últimas estimacións, afectaron en total 56 hectáreas, das cales só tres foron de arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

17 de abril de 2017 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.