publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Nieva, no municipio de Avión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa do control do lume rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva.

Este lume comezou onte ás 18,00 h. e quedou controlado ás 05,13 h. desta madrugada. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 40 hectáreas, das cales 39 son de monte raso e 1 de arborado. Na súa extinción traballan 1 técnico, 8 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 2 pas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

27 de abril de 2017 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.