Comezan na Agasp as primeiras xornadas sobre terrorismo yihadista que se levan a cabo en Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou esta mañá, xunto ao presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, na inauguración das primeiras xornadas sobre terrorismo yihadista que se realizan en Galicia.
Por parte dos colectivos de seguridade, participaron tamén na inauguración das Xornadas, do Coronel Xefe da plana maior da zona XV da Garda Civil, e o xefe superior de Policía de Galicia e o comisario xefe da Policía Autonómica.
Nas Xornadas participan case 300 profesionais da Policía Nacional, da Garda Civil, da Policía Local e Institucións Penitenciarias, que se formarán durante dous días completos nesta materia, facendo un análise completo da historia, da evolución e da situación actual desta materia.
Así, os temas a tratar son a aplicación dun protocolo antiyihadista: experiencias dende a formación; evolución recente do Daesh; as capacidades de intelixencia e loita contra o salafismo yihadista; a análise do terrorismo islámico dende a perspectiva histórica; o sentido estratéxico das misións suicidas; os actuais desafíos ao terrorismo islamita e as súas respostas e a resposta xudicial ao terrorismo, entre outros.
A Agasp unha vez máis demostra estar a vangarda da formación e no compromiso firme pola mesma, coa aposta de levar acabo cursos de interese para os profesionais das emerxencias da nosa comunidade. As xornadas que se enfocan dende un punto de vista multidisciplinar, contarán cos mellores profesionais no territorio nacional e visións dende o punto de vista da Ciencia Política, da Psicoloxía, do Dereito Penal, da Xudicatura e por suposto do eido policial.