publicidade hoxe

Comeza a rehabilitación do firme de varios tramos da PO-316 no Grove e da vía de alta capacidade en Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO GrovePontevedraSanxenxo
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou esta mañá o inicio das obras de rehabilitación do firme de varios tramos da PO-316 no Grove e da vía de alta capacidade do Salnés en Sanxenxo que executará a Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

As obras comezarán mañá mércores, día 19 de abril, e contan cun orzamento de case 60.500 euros, permitindo en ambos casos mellorar o pavimento existente a través da execución de microaglomerado en frío. “O problema en ambos tramos é que o pavimento está fisurado lonxitudinalmente especialmente en zonas de rodada. Aínda que as deformacións non son moi importantes é necesario executar esta mellora”, explicou Cores Tourís.

Na PO-316, as obras executaranse entre os puntos quilométricos 2,560 e o 5, é dicir, ao longo de dous quilómetros e medio de lonxitude. Este tramo conta cunha intensidade media diaria de 11.252 vehículos, “que evidentemente vese incrementado en épocas puntuais de afluencia de visitantes como a pasada Semana Santa ou no verano, xa que estamos a falar do acceso a un concello moi turístico como é O Grove”.

Por outra banda, a Vía de Alta Capacidade do Salnés verá mellorada a súa pavimentación entre os quilómetros 19,620 e o 20,800, no concello de Sanxenxo. “Estes traballos permitirán poñer en marcha medidas preventivas y paliativas sobre o pavimento, procedendo ao seu selado mediante a execución dun microaglomerado en frío dunha sola capa que impedirá a entrada de auga na sección do firme, minimizando así o seu deterioro e alargando a súa vida”, concluíu o responsable territorial.

18 de abril de 2017 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.