Carmela Silva asina o protocolo de colaboración para que o alumnado do CIFP Carlos Oroza participe nos actos de promoción turística da Deputación
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou hoxe con Manuel Hermo, director do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, un protocolo de colaboración para que os seus alumnos e alumnas podan colaborar nas accións de promoción turística que se fagan dende a institución provincial.
Carmela Silva subliñou que este protocolo ten por obxectivo poder colaborar entre a Deputación e o Carlos Oroza “para traballar colaborativamente tanto en aquelas cuestións que dende a Deputación poñamos en marcha, non só dende aquelas que teñen que ver coa gastronomía, senón con todo o que ten que ver coa promoción turística de forma máis global e coa imaxe que queremos trasladar fora da nosa provincia”.
A Presidenta da Deputación destacou que o protocolo, é un instrumento vivo que vai incorporando a medida do tempo propostas de acción. “Queremos que o Carlos Oroza sexa un instrumento fundamental para que esta provincia poda mellorar seu proxecto de promoción turística”. Silva recordou que dentro de estas iniciativas o Carlos Oroza “un dos mellores centros de formación profesional de Galicia en hostalería” xa colaborou co proxecto “Degusta Europa” o ano pasado e vai colaborar este mesmo ano tamén con este proxecto que comeza mañá coa súa primeira actividade en Vigo .
Pola súa banda, Manuel Hermo, director del CIFP, manifestou que este protocolo é unha oportunidade “que a Deputación nos brinde esta oportunidade de traballar con eles xa que aportamos valor á formación do noso alumnado ao poder vivir e primeira persoa o traballo que conlevan estes actos que organice a Deputación”.
O protocolo que ten unha duración de dous anos poderá incluír na programación outras accións non previstas, sempre que se axusten ao currículo oficial das ensinanzas do centro integrado de formación profesional, que poidan xurdir ao longo do curso e sexan de interese para o centro e a propia Deputación de Pontevedra.











