publicidade hoxe

As presas de Castrelo e Albarellos realizarán unha proba do sistema acústico dos seus plans de emerxencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA ArnoiaBeadeBoborásCastrelo de MiñoCenlleLeiroLocal PortadaO CarballiñoOurenseRibadavia
A-
A+

As presas de Castrelo e Albarellos realizarán a próxima semana unha proba do sistema acústico dos seus Plans de emerxencia para avaliar o seu correcto funcionamento e para dar a coñecer o seu son á poboación do contorno: no caso de Castrelo, os concellos de Castrelo do Miño, Ribadavia e Arnoia; e, no caso da presa de Albarellos, os concellos de Boborás, O Carballiño, Leiro, Cenlle, Beade e Ribadavia.

En concreto, a serea activarase o luns e o martes (24 e 25 de abril) entre as 9,00 e as 18,00 horas. Trátase unicamente dunha proba, polo que non afectará aos veciños, que poderán seguir coa súa actividade diaria.

Con estas actuacións búscase acadar dous obxectivos: garantir a operatividade dos sistemas e, ao mesmo temo, que a poboación das zonas afectadas sexa capaz de recoñecer o son da serea de aviso de evacuación en caso dunha emerxencia.

A proba realízase a través da colaboración de Gas Natural Fenosa, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a Confederación Miño-Sil, e a Unidade de Protección Civil da Delegación do Goberno e inscríbese no proceso de implantación dos Plans de emerxencia nas presas, en cumprimento do establecido na Planificación de Protección Civil ante risco de inundacións.

Os obxectivos dos plans de emerxencia de presas pasan por ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave; coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura; e ter previstos sistemas de aviso á poboación e aos organismos xestores de emerxencia. En definitiva, trátase de estar o mellor preparados posible ante situacións que poidan comportar riscos nestas instalacións e garantir, así, a seguridade da cidadanía.

21 de abril de 2017 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.