publicidade hoxe

Ábrese o prazo para solicitar praza para estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigránO Carballiño
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para solicitar praza para estadías nas residencias de tempo libre de Panxón (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para a adxudicación de estas estadías e servizos nas residencias adscritas á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería Política Social. Os dous centros están destinados ao ocio e o lecer das familias, xa que o obxectivo desta acción é favorecer a comunicación e participación persoal e socio familiar, cumprindo desta maneira unha importante función social.

Poden beneficiarse de estadías nestas residencias tanto as persoas maiores como os menores, sempre que vaian en compañía dos seus pais e nais ou titores legais, así como os galegos e galegas residentes no exterior. O prazo para a presentación das solicitudes ábrese mañá e rematara o vindeiro 2 de maio, ambos os dous días incluídos. As inscricións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Así mesmo, e como outros anos, resérvase a segunda quenda do mes de xullo para as familias monoparentais, a última quenda de xullo para as familias acolledoras e a primeira quenda de agosto para as familias numerosas. A adxudicación destas quendas para as familias monoparentais, acolledoras e numerosas farase igualmente por sorteo de datas o mesmo día, sendo as sobrantes incluídas, de ser o caso, no procedemento xeral de adxudicación.

A adxudicación das prazas efectuarase por sorteo o próximo 8 de maio. Este terá lugar na Dirección Xeral de Familia e Dinamización Demográfica e será público. As prazas que queden vacantes por renuncias posteriores á súa adxudicación, ofertaranse ás persoas solicitantes que non obtivesen praza, seguindo para estes efectos a orde de publicación establecida no sorteo.

12 de abril de 2017 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.