publicidade hoxe

A Xunta reforza o compromiso con enfermos de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
José Manuel Rey Varela na reunión con  AFAL Ferrolterra

José Manuel Rey Varela na reunión con AFAL Ferrolterra

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá na sede da delegación territorial da Xunta de Galicia unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ferrol e comarca (AFAL Ferrolterra). Este encontro foi unha nova posta ao día sobre a situación dos servizos e programas que ten en marcha esta entidade, e tamén serviu para avaliar as liñas de colaboración que a Administración autonómica ten coa mesma.

Despois da xuntanza, o titular de Política Social reiterou a firme vontade do Goberno galego de garantir os dereitos e a atención das persoas en situación de dependencia. En concreto, no caso dos afectados pola doenza do alzhéimer indicou que un dos obxectivos desta lexislatura é continuar co despregamento de servizos de atención terapéutica especializada coa finalidade de prestar unha atención temperá ante os primeiros síntomas de manifestación da devandita enfermidade.

Así mesmo, Rey Varela asegurou o compromiso da Xunta de seguir apostando pola sensibilización, a prevención e a formación fronte o alzhéimer; ao tempo que encomiou “o apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares que dende fai anos leva a cabo AFAL Ferrolterra”.

Por último, o conselleiro manifestou que o Executivo autonómico e AFAL “comparten o desafío de mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, en especial daquelas persoas que se atopan nunha situación de dependencia”, polo que avogou por afondar na colaboración coas entidades que traballan neste ámbito na procura dunha maior esperanza de vida con plena autonomía.

12 de abril de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.