publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta apoia o fomento do emprendemento entre os xóvenes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou na clausura da III Xornada de xuventude e emprego que se desenvolveu no concello do Porto do Son, un espazo aberto cara a empregabilidade que ofreceu á mocidade unha alternativa para detectar oportunidades laborais e promover novos proxectos empresariais, así como o espírito emprendedor dos mozos e mozas.

Trátase dunha iniciativa que tivo como obxectivos achegar aos mozos e mozas alternativas de emprego, fomentar o emprendemento entre a mocidade, prestar apoio no proceso de maduración de ideas emprendedoras, e informar e asesorar sobre os distintos recursos para a posta en marcha de iniciativas emprendedoras (como programas de formación e emprego e liñas de axudas).

A xornada estivo baseada na exposición práctica de distintas ideas empresariais de nova creación na comarca e os asistentes presenciaron un panel de experiencias que contou coa participación de empresas de nova creación que requiren de pouca ou ningunha inversión inicial, que se acolleron a algunha liña de subvencións ou que naceron nun viveiro de empresas entre outras.

“A idea primordial é que os mozos e mozas poidan coñecer de primeira man distintas iniciativas emprendedoras con moi diversos formatos de creación e desenvolvemento, e como non podía ser doutro xeito, desde a Xunta de Galicia apoiamos este tipo de iniciativas que repercuten positivamente e de xeito directo na nosa mocidade”, concluíu Cecilia Vázquez.

6 de abril de 2017 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.