publicidade hoxe

A Evega celebra un taller práctico en Arbo sobre análise sensorial no viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboLocal Portada
A-
A+

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, celebra mañá un taller práctico sobre análise sensorial no viño, en colaboración co Concello de Arbo, a Asociación Galega de Enólogos (AGE) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal). Terá lugar a partir das 16:30 horas no salón de actos do edificio multiusos de Arbo, como actividade complementaria á festa da lamprea.

Neste taller práctico, os asistentes poderán coñecer os procesos de adestramento do olfacto e o gusto a través do recoñecemento de olores e sabores básicos e a realización de probas específicas. Así mesmo, aprenderán a detectar o limiar de percepción de cada substancia en valoración. O taller rematará coa cata e identificación dun viño branco e un tinto de cada unha das cinco denominacións de orixe de viños de Galicia (Rías Baixas, Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra e Ribeiro).

Este taller será impartido polo presidente da AGE, Luis Buitrón, o técnico e experto da Evega Daniel Fornos, e o enólogo e catador Alfonso Losada. Está dirixido principalmente aos estudantes de formación profesional dos ciclos de Elaboración de aceites e viño dos IES Ramón Cabanillas de Cambados e A Granxa de Ponteareas, pero aínda hai prazas dispoñibles para outros interesados. Para máis información pódese chamar ás instalacións da Evega, teléfono: 988 488 033.

20 de abril de 2017 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.