publicidade hoxe

A Deputación inicia os traballos previos á construción do centro de maiores de Becerreá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLugo
A-
A+

O Vicepresidente e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, técnicos provinciais e da empresa adxudicataria, mantiveron un encontro este mércores en Becerreá para programar o inicio das obras do centro de maiores público do organismo provincial neste municipio da Montaña. Fixaron o calendario dos traballos e determinaron os usos dos espazos. Estas son as actuacións previas necesarias ao inicio dos propia execución das obras, que terá lugar nas vindeiras semanas, pois xa se contratou con 70.000 euros a primeira fase das obras.

Martínez Núñez explicou que esta consiste no derrubamento do antigo Fogar Escola, que se atopa na rúa Ancares, nº 83, na parcela onde se situará o centro de maiores, que ofrecerá un mínimo de 96 prazas na residencia e 40, no centro de día.

O Vicepresidente subliñou que “hoxe é un día feliz porque se cumpre cunha demanda dos veciños dos Concellos dos Ancares, que levamos anos demandando este centro para maiores”. Neste senso, lembrou que hai anos o Concello puxo a disposición da Xunta de Galicia os terreos necesarios (a mencionada finca da rúa Ancares) e o proxecto de obra (o que agora se vai a executar dende o organismo provincial), que realizou a Deputación, pois o propio Feijóo se comprometera publicamente xa no 2009 a executar este centro da terceira idade, pero nunca o fixo.

Fases das obras

Ante esta situación, a Deputación asumiu, en colaboración co Concello de Becerreá, a construción destas instalacións, que se completarán en 4 anualidades, tal e como segue:

– O organismo provincial comprometeu 103.700 euros do orzamento de 2016, dos que, finalmente, tras as baixas na contratación, empréganse 70.000 euros para a demolición do antigo Fogar Escola. Destinará outros 2 millóns de euros este ano, 2 millóns no 2018, e unha última achega no 2019 de 1 millón.

– O Concello achega 150.000 este ano; 100.000 no 2018 e 50.000 no 2019. Ademais, cede a parcela da rúa Ancares 83.

26 de abril de 2017 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.