publicidade hoxe

A Deputación da Coruña compromete unha achega de 110.500 euros para dúas actuacións en Vedra e O Pino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaO PinoVedra
A-
A+

A Deputación da Coruña financia a adquisición dun furgón e unha furgoneta para os servizos do Concello de Vedra cunha achega de 55.500 € e a reforma de vestiarios e cuberta da cantina no campo de fútbol de Reboredo no concello do Pino con 55.000 € a través de dous convenios que foron asinados polos alcaldes e o deputado da Área de Cooperación cos Concellos.

O deputado da Área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira asinou xunto co alcalde do Pino, Manuel Taboada, o convenio polo que a Deputación da Coruña se compromete a financiar a obra da reforma de vestiarios e cuberta da cantina do campo de fútbol de Reboredo. O orzamento da obra é de 68.750,00 € dos que a Deputación achega 55.000,00€, o 80% do total.

Xosé Regueira asinou tamén un convenio co alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martínez polo que a Deputación da Coruña financia a adquisición dun furgón para o persoal de servizos varios municipais ademais dunha furgoneta para a brigada verde municipal. O orzamento da subministración é de 69.375,00 € dos que a Deputación achegará o 80%, é dicir, 55.500 €.

12 de abril de 2017 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.