A Deputación da Coruña acolle a presentación dun novo Correlingua 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Catro meses despois de recibiren o Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, un novo Correlingua presentouse na sede da institución. A carreira pola lingua iniciarase o vindeiro 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará o 16 na Estrada.

“Precisamos un esforzo conxunto porque esta é unha carreira de fondo”, dixo a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, na presentación dunha nova edición de Correlingua que se desenvolveu na sede institucional. A tamén responsábel da área de Normalización Lingüística e Cultura animou á que chamou “Xeración Correlingua” a seguiren mostrando “alegría e entusiasmo” na defensa da lingua.

“Cando esa enerxía é colectiva si que avanzamos e chegaremos o momento en que neste país se poda desenvolver a nosa vida plenamente en galego”, apuntou nun acto en que participaron nenas e nenos e mozas e mozos que gañaron os tres concursos vinculados ao Correlingua, o de banda deseñada, o de vídeo e o manifesto.

Por parte da organización do Correlingua o acto estivo conducido por Marta Dacosta que destacou o protagonista do alumnado nesta iniciativa que sae á rúa para defender o dereito a desenvolver a súa lingua en galego e que rematará cunha festa final en que participarán Isabel Risco e Luís Caruncho.

Agradeceu Marta Dacosta o apoio das institucións que colaboran na actividade, concellos e as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, presentes no acto, e lamentou que non todas se impliquen no “apoio á iniciativa a favor da lingua maior que se realizan”.

No acto interviron tamén o secretario nacional da CIG Ensino, Anxo Louzao, o presidente da AS-PG, Xoán Costa e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira ademais do deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal e o deputado de Deportes e Innovación de Lugo, Pablo Rivera.

No acto entregáronse os diplomas ao alumnado gañador dos diferentes certames: Certame Banda Deseñada ao alumnado do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense, o Certame de Vídeo ao alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal e Certame Manifesto ao alumnado do CPI Afonso VII Caldas de Reis

18 de abril de 2017 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.