publicidade hoxe

Os concellos do distrito forestal Santiago-Meseta Interior reúnense coa Consellería de Medio Rural para enfrontarse aos incendios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmesArzúaBoimortoBoqueixónBriónCercedaFradesLocal PortadaMelideMesíaO PinoOrdesOrosoSantisoSobradoTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraVedra
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión de seguimento

Ovidio Rodeiro na reunión de seguimento

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta mañá na reunión de seguimento do convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural el os representantes dos 21 concellos do Distrito Forestal III Santiago-Meseta Interior. Trátase dun acordo establecido en 2016, cunha vixencia de tres anos, ata o 2018, e que trata de coordinar e impulsar as accións conxuntas das administracións en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.

A esta reunión foron convocados os alcaldes ou representantes dos concellos de Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. O convenio ofrece aos concellos tres modalidades de colaboración: a realización de actuacións preventivas mediante tratamentos mecanizados, a disposición de brigadas para a prevención e a defensa contra os incendios, e a incorporación de vehículos motobomba ao despregue de medios na campaña de verán.

Ademais do delegado territorial na Coruña, ao encontro asistiron o xefe territorial de Medio Rural, o xefe do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais e o xefe do Distrito Forestal III, co apoio de técnicos do devandito distrito. O de hoxe foi o primeiro dunha serie de encontros que continuarán nos vindeiros días no resto de distritos da provincia. Ovidio Rodeiro convidou aos alcaldes e representantes dos concellos a “manter os ollos ben abertos e a poñer todos os medios dispoñibles ao servizo da prevención”.

22 de marzo de 2017 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.