publicidade hoxe

O Alumnado da Escola Universitaria de Traballo Social visita o CRI en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Susana López Abella na visita ao Centro de Recuperación Integral en Santiago. Foto: X. Crespo

Susana López Abella na visita ao Centro de Recuperación Integral en Santiago. Foto: X. Crespo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañou hoxe 40 alumnos e alumnas da especialidade de xénero da Escola Universitaria de Traballo Social durante a súa visita ao Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de Xénero (CRI), situado en Santiago de Compostela.

Durante a visita, a secretaria xeral explicoulles o funcionamento deste centro de referencia, que ten como obxectivo ofrecer unha atención integral ás mulleres vítimas de violencia de xénero, a través dun sistema coordinado de servizos, recursos e medidas de carácter social, laboral e económico, que evitan duplicidades e racionalizan a xestión.

O CRI actúa, ademais, como centro de referencia e coordinador da Rede galega de acollemento; como tramitador das derivación de vítimas de violencia de xénero fóra de Galicia e receptor das que chegan doutras partes do Estado; como centro de formación na loita contra a violencia de xénero para profesionais, voluntariado, e cidadanía en xeral; como centro colaborador do Punto de coordinación das ordes de protección de Galicia; e como centro impulsor da creación de grupos de autoaxuda, intervención e coñecemento entre mulleres vítimas da violencia de xénero.

Nesta mesma liña de actuación, cabe lembrar que a Vicepresidencia da Xunta asinou o pasado ano un convenio de colaboración educativa coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a realización de prácticas académicas externas para alumnado de distintas especialidades.

O obxectivo deste acordo foi establecer un programa para a realización de prácticas nas instalacións da Secretaría Xeral da Igualdade e no propio CRI, nas que xa participaron dúas alumnas de Traballo Social o pasado ano e a principios de 2017. Tamén se acordou a posibilidade de achegar expertos nas partes de docencia teórica-práctica especializado nas que fose preciso.

15 de marzo de 2017 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.