Marisol Díaz Mouteira analiza co alcalde de Padrenda as necesidades do municipio
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho ao alcalde de Padrenda, Manuel Pérez Pereira, para analizar as principais necesidades do seu municipio en relación á actividade da administración autonómica. Díaz Mouteira continúa así a rolda de contactos cos 92 concellos da provincia de Ourense de cara a escoitar aos seus responsables municipais e analizar as súas demandas.