publicidade hoxe

González Formoso recibe aos alcaldes da Mancomunidade de Concellos do Tambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaA CoruñaNegreira
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu hoxe no su despacho da institución provincial aos alcaldes de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e A Baña, Andrés García Cardeso, municipios que integran a Mancomunidade de Concellos do Tambre. Á reunión asistiu tamén o deputado responsable da área de Economía e Facenda, Antonio Leira.

Tuñas e García Cardeso explicaron o funcionamento da entidade supramunicipal, creada en 1990 e que xestiona actualmente os servizos de recollida de lixo e mantemento do alumeado público de ambos os dous concellos, que suman máis de 11.000 habitantes, e analizaron co presidente provincial outros problemas aos que se enfrontan os pequenos municipios do rural coruñés como a xestión dos servizos sociais en lugares con elevado envellecemento e dispersión xeográfica da poboación, ou o transporte comarcal.

Os rexedores solicitaron a colaboración da institución provincial para a adquisición dun novo vehículo con volquete, grúa e cesta articulada para destinalo a labores de mantemento do alumeado público, xa que a furgoneta que actualmente realiza estas labores ten case vinte anos de antigüedade. O investimento, segundo as estimacións realizadas polos alcaldes, sería de arredor de 60.000 euros.

González Formoso comprometeuse a estudar esta petición, que podería encaixarse a través do plan de apoio a mancomunidades e consorcios de concellos que prepara a institución provincial.

13 de marzo de 2017 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.