publicidade hoxe

Fernando González Graña presenta en Cuntis a súa última obra teatral, “Ghuasá”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCuntisLocal PortadaPontevedra
A-
A+
ghuasa_edicions_fervenza

Portada do libro

A Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis acollerá este sábado 25 de marzo, ás 20.00 h, a presentación do último libro de Fernando González Graña, a obra teatral “Ghuasá”. Neste novo número da colección A Pinguela, analízase dun xeito crítico, á par que didáctico, os novos xeitos nos que a xuventude se relaciona e interacciona coa contorna que os rodea, tomando como único medio as novas tecnoloxías.

O acto de presentación, con actuación musical a cargo de Marcos Seixo, estará aberto ao público en xeral ata completar aforo e contará coa presenza do profesor e escritor Carlos Loureiro; de Ramiro Cimadevila, ilustrador do libro; Fernando Martínez, xerente de construcións Bamarti; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta; Manuel Campos, alcalde de Cuntis; e o autor, Fernando González Graña.

A obra

“Ghuasá” configúrase como unha crítica cara os hábitos dos máis xóvenes, que se abstraen da realidade interaccionando a través do “ghuasá” (whatsapp) deixando a un lado as relacións naturais con compañeiros, familia e amigos para dar maior relevancia ao virtual fronte ao real.

Colaboracións

Este poemario, que se corresponde co número 95 da serie teatral A Pinguela, está editado por Edicións Fervenza. Ilustrado por Ramiro Cimadevila, a súa publicación contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Cuntis e a empresa de construcións Bamarti. 

O autor

Fernando González Graña (Cuntis, 1962) é membro fundador da Asociación Cultural O Meigallo, entidade que recuperou a figura do ilustre galeguista Roberto Blanco Torres. Formou parte do consello de redacción da revista “A Taboada”.

Como escritor ten publicado O diario de Daniel e O móbil do crime, e como dramaturgo é autor das obras Clave Rosa, Sálvese quen poida, Eclipse, Cousiñas do mar e do río, O partido de fútbol do século, Reciclaxe e O máxico e tolo camiño a Compostela, todas elas en Edicións Fervenza. En autoedición publicou o libro O misterio do faiado.

23 de marzo de 2017 | 15:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.