publicidade hoxe

Díaz Mouteira analiza co presidente da Cegasal a promoción de iniciativas de inserción das persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Díaz Mouteira na reunión co presidente de Cegasal

Díaz Mouteira na reunión co presidente de Cegasal

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu no seu despacho ao presidente da Asociación empresarial galega de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez Freire. A xuntanza enmárcase na rolda de contactos institucionais e empresariais que está a desenvolver o presidente desta entidade para dar a coñecer o traballo de Cegasal, que ten por obxectivo facilitar a inserción laboral de persoas con discapacidade.

Díaz Mouteira brindoulle o apoio da Xunta e comprometeuse a colaborar coa entidade presidida por Vázquez Freire para lograr a creación das condicións que faciliten o acceso ao mercado laboral na provincia de persoas con discapacidade.

Na actualidade Cegasal conta con 17 centros especiais de emprego que abarcan máis de 14 sectores produtivos como artes gráficas, alimentación, recollida de residuos, xardinería ou atención socio sanitaria, entre outros. Tres destes centros, Integratex, Ilunión e Aixiña, atópanse emprazados na provincia de Ourense e empregan a un total de 137 traballadores con discapacidade.

9 de marzo de 2017 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.