publicidade hoxe

Convócanse bolsas para arqueólogos e historiadores da arte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as bases para a selección dun graduado en Historia da Arte e de dous arqueólogos para a realización de prácticas como bolseiros na Deputación da Coruña.

As bolsas están destinadas a recén graduados, que obtiveran o seu título a partir do ano 2013, e teñen coma obxectivo favorecer a formación práctica destes profesionais na xestión do patrimonio.
Estas estancias formativas terán unha duración de 12 meses, aínda que poderán prorrogarse por un ano máis, e estarán remuneradas con 900 euros mensuais.

Para a selección dos arqueólogos, será un requisito indispensable que posúan o título de Grao en Historia ou en Xeografía e Historia, con especialidade en arqueoloxía ou acreditando un mínimo de 60 créditos de prehistoria e arqueoloxía. Así mesmo, valorarase especialmente a titulación de máster oficial en arqueoloxía e outros cursos, seminarios e talleres relacionados coa materia.

No caso da bolsa para graduados en Historia da Arte, ademais do título de grao, puntuarán os títulos de máster oficial en museoloxía e xestión do patrimonio.

En ambos os dous casos, tamén se valorará o certificado de lingua galega CELGA IV ou superior, así coma o currículum vitae do solicitante, especialmente os traballos ou prácticas relacionadas coa especialización.

Entre as labores que se realizarán a través destas bolsas, están o estudo do inventario de bens de carácter histórico artístico, a participación no seguimento de actuacións arqueolóxicas e obras que poidan afectar ao patrimonio, a preparación de guías e o estudo de melloras para as bases de datos provinciais.

1 de marzo de 2017 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.