publicidade hoxe

Ángeles Vázquez reúnese co presidente da asociación Down Compostela para valorar liñas de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co presidente de Down Compostela

Ángeles Vázquez na reunión co presidente de Down Compostela

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse co presidente da asociación Down Compostela, Juan Jesús Martínez, coa intención de escoitar as súas demandas e necesidades. Neste encontro, Vázquez explicoulle as posibles fórmulas de apoio ás que podería acceder a entidade e comprometeuse a valorar estas liñas de colaboración.

“O obxectivo en definitiva é o mesmo, traballar por mellorar a calidade de vida dos veciños do rural, neste caso cunhas necesidades especiais”, sinalou Vázquez, quen agradeceu ao portavoz de Down Compostela a “encomiable” labor que desenvolven a prol deste colectivo.

Down Compostela é unha asociación que dende o ano 2006 leva traballando pola integración e a autonomía das persoas con síndrome de Down. Actualmente colaboran con máis dun cento de familias dunha trintena de municipios da área de influencia de Santiago.

23 de marzo de 2017 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.