Alfonso Rueda inaugura a xornada “Lidera. Avanzando en igualdade”

Alfonso Rueda na inauguración da xornada
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a xornada Lidera. Avanzando en Igualdade, organizada polo Goberno galego con motivo da conmemoración mañá, 8 de marzo, do Día Internacional da Muller. O encontro, que será clausurado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, conta tamén coa participación da comisionada para o reto demográfico, Edelmira Barreira, e da secretaria de Estado de Economía e Apoio á Empresa, Irene Garrido. Durante a mañá, expertas e profesionais abordarán en mesas redondas distintos temas como o liderado en feminino; o futuro das organizacións, a través da conciliación, flexibilidade e produtividade; e os desafíos do mundo global e tecnolóxico.











