publicidade hoxe

A Xunta sinaliza o Camiño Portugués da costa ao seu paso por Nigrán con 16 mouteiras oficiais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, xunto ao alcalde do Concello de Nigrán, Juan González, comprobaron á colocación das primeiras mouteiras oficiais que sinalizan o Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio na Igrexa parroquial de San Pedro da Ramallosa.

En total, no Concello de Nigrán colocaranse un total de 16 mouteiras das 81 que teñen os 150 quilómetros do tramo galego desta Ruta Xacobea que ven de ser recentemente recoñecida coa aprobación, no Parlamento galego, da Lei de Patrimonio de Galicia. O Camiño Portugués da Costa ven de dar así un paso máis garantindo, coa nova sinalización que comezou a colocarse no Concello de Baiona, a seguridade dos peregrinos que a transiten facilitándolles o seu traxecto. Nos vindeiros días, o Xacobeo continuará coa colocación do resto das mouteiras nos demais concellos polos que atravesa a nova Ruta de Peregrinación a Santiago de Compostela.

28 de marzo de 2017 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.