publicidade hoxe

A Xunta convida á sociedade a reducir o impacto directo da vida diaria sobre os ríos galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadumia
A-
A+
Beatriz Mato na visita á Edar de Ribadumia

Beatriz Mato na visita á Edar de Ribadumia

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, invitou esta mañá á sociedade galega a reducir o impacto directo da vida diaria sobre os ríos de Galicia. A responsable de Medio Ambiente trasladou este mensaxe aos alumnos do IES Ramón Cabanillas de Cambados, aos que acompañou durante unha visita á Edar de Ribadumia, con motivo do Día Mundial da Auga, que esta ano está adicado ás augas residuais.

Mato Otero sinalou que un dos problemas que con máis frecuencia observan os técnicos de augas é a presenza de certos residuos que se tiran polo inodoro, como toalliñas húmidas e bastoncillos dos oídos; polo que unha das problemáticas máis habituais que afectan a este tipo de instalacións son os atascos, debido ao mal hábito de empregar os inodoros como papeleiras.

Outro dos mensaxes que a conselleira quixo trasladar foi a necesidade de facer un uso responsable e razoable da auga. Recordou que en Galicia gozamos dun servizo, como é o subministro de auga potable preto da casa, pero máis de 660 millóns de persoas que viven hoxe no mundo non teñen este servizo. Engadiu que “en Galicia temos o privilexio de contar con choiva, pero esa auga nunca sobra”, polo que apelou a reducir o consumo medio de 363 litros por día e habitante.

Explicou que con pequenos xestos diarios, pódense aforrar ata 400 litros, por exemplo: se evitamos que a billa gotee, aforramos 30 litros ao día; se apostamos pola ducha no canto de bañarse, só consumiremos 100 litros fronte aos 250; aforraremos 12 litros por minutos, se nos lavamos os dentes coa billa pecha; e poñendo en funcionamento coa carga completa a lavadora e o lavalouzas, aforramos 80 litros.

Mato Otero salientou que as accións de todos, por moi pequenas que poidan parecer, poden salvar o planeta e os recursos naturais, entre eles un dos máis prezados, a auga; polo que recordou que o coidado do medio ambiente é unha cadea entre xeracións.

A conselleira de Medio Ambiente recordou que a Xunta mantén o seu compromiso coa mellora das augas da ría de Arousa, tal e como se recolle no Plan Hidrolóxico Galicia- Costa cun vixencia ata o ano 2021, no que se establecen 23 millóns de euros, dos cales máis de 16 serán para a marxe sur da ría.

22 de marzo de 2017 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.