publicidade hoxe

A Xunta cede varias parcelas do Banco de Terras a Mesía, Muxía e Coirós para infraestruturas de interese social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCoirósMesíaMuxía
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión cos alcaldes

Ovidio Rodeiro na reunión cos alcaldes

O director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asinou esta mañá cos alcaldes dos concellos de Mesía, Muxía e Coirós a cesión de 8 parcelas propiedade do Banco de Terras de Galicia para o seu aproveitamento como infraestruturas de interese social.

Así, facilitóuselle cinco predios ao municipio de Mesía, un ao de Muxía e dous ao de Coirós. Todos eles serán destinados a instalacións de interese común en masas de concentración parcelaria, coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos habitantes do rural, cedendo predios para iniciativas de carácter social e infraestruturas básicas. Neste caso concreto, serán para a localización de estacións depuradoras de augas residuais, locais sociais, lavadoiro e áreas recreativas.

O obxectivo destas cesións é beneficiar directamente aos veciños para mellorar as instalacións das súas zonas e facer máis cómoda a vida no rural. Neste tipo de cesións, falamos de leiras que, no momento da reestruturación parcelaria, deron lugar á existencia de masas comúns e que non teñen interese agrario para o Banco de Terras.

30 de marzo de 2017 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.