A Xunta asina o contrato de alugueiro en Verín dunha vivenda adxudicada a unha persoa en situación de emerxencia social
A Xunta vén de asinar o contrato de alugueiro dunha vivenda adxudicada directamente en Verín a unha persoa en situación de emerxencia social. Trátase dunha vivenda cedida por Abanca para o seu destino a alugueiro social.
O Goberno galego, con este tipo de accións, continúa coa aplicación das 12 medidas activadas para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Ao abeiro destas iniciativas, xa foron atendidos preto de 1.200 casos na comunidade galega.
Con estas adxudicacións, a Xunta de Galicia ofrece unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai de 2017 xa se realoxou a outras 14 familias en vivendas propiedade do IGVS (5 casos) ou cedidas por Abanca e Sareb. Cómpre destacar tamén as familias beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.