publicidade hoxe

A Xunta acompañará a Navalia para que sexa unha vez máis o escaparate internacional do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Francisco Conde na reunión preparatoria de Navalia

Francisco Conde na reunión preparatoria de Navalia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe en Vigo que a Xunta acompañará a Navalia para que sexa unha vez máis o escaparate internacional do sector. Conde, que participou na primeira reunión preparatoria da vindeira edición da feira, que terá lugar en 2018, subliñou que cómpre sumar todos os esforzos para que o encontro volva ser un éxito tanto desde o punto de vista expositivo como en capacidade de negociación entre as empresas.

Conde sinalou que Galicia está a recuperar o seu posicionamento no naval, e así lembrou que o naval galego logrou adxudicarse o ano pasado preto do 40% do total dos contratos asinados en España.

O conselleiro apuntou que as claves sobre as que ten que pivotar esta industria son a competitividade e a aposta pola industria 4.0, subliñando que a Xunta está a apoiar ao naval a través da aposta pola innovación, con ferramentas como as Unidades Mixtas; e a través da formación, destinando preto de 6 millóns de euros a case un cento de cursos impartidos para 1.400 persoas nos últimos catro anos. Tamén apuntou ao impulso da internacionalización, non só co posicionamento de Galicia nos diferentes mercados senón tamén coa diversificación de oportuniaddes; así como ao financiamento, tanto co tax lease como con outros apoios financeiros da Xunta.

Tal e como lembrou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Navalia é unha das máis importantes citas a nivel mundial do sector. Así, na última edición a ocupación foi case do 100%, incrementáronse nun 30% os visitantes internacionais, con 90 países representados, e a cifra de negocios roldou os 4.000 millóns de euros.

7 de marzo de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.