publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal na Peroxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PeroxaLocal PortadaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron hoxe da investigación dun home como presunto autor dun incendio no concello ourensán da Peroxa.

A Policía Autonómica de Ourense, procedeu á imputación dun varón, como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 10 de marzo, na parroquia de San Cibrao de Armental, no concello da Peroxa, e que afectou a unha superficie rasa de 200 metros. O investigado estaba a facer unha queima de restos forestais, non adoptando as debidas precaucións, polo que se lle estendeu pola finca da súa propiedade.

Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense. No que vai de ano, son 8 as persoas detidas pola Policía Autonómica, como presuntos autores de incendios forestais.

14 de marzo de 2017 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.