publicidade hoxe

A Deputación de Lugo acolle a presentación da novela “Olvídate del cielo”, de Rocío López

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Presentación da novela "Olvídate del cielo"

Presentación da novela “Olvídate del cielo”

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao Deputado de Mocidade, Pablo Rivera Capón, o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, e a escritora Rocío López Núñez, presentaron este xoves o libro Olvídate del Cielo, a terceira novela policíaca da autora lucense.

López Izquierdo subliñou que “sempre é un motivo de orgullo acoller novos proxectos de lucenses que aportan un valor engadido á nosa cultura. Nesta novela de máis de 400 páxinas os lectores atoparan suspense, moitísima acción, persecucións e intriga, ingredientes que se combinan en capítulos curtos para un maior dinamismo e con flashback para buscar no pasado as claves do presente”.

Pola súa parte, Rocío López explicou que “é unha novela moi dinámica, coa que o lector se vai a enganchar dende a primeira páxina. A labor fundamental que temos os escritores é poder trasladar ao lector a un mundo imaxinario por medio da nosa palabra, e con esta novela penso que se consegue plenamente”.

Sobre a autora

Rocío López Núñez, naceu en Monseiro, Láncara na provincia de Lugo en 1974. Unha infancia rodeada de libros foi o sinal máis claro do que estaría por chegar. Aínda que a súa vida profesional encamiñouse cara a outros ámbitos, sempre soubo que tarde ou cedo acabaría unida á súa gran paixón: a literatura. Diplomada en Educación Primaria pola Universidade de Santiago, casada, nai de tres fillos e apaixonada polas series policíacas e de suspense, decidiu finalmente atopar o tempo e a dedicación necesaria para facer realidade unha das súas metas: escribir unha novela de suspense. Despois do tremendo éxito alcanzado coa súa primeira novela Nunca volveras a Pikeville, Rocío publicou unha segunda parte baixo o título de Ladroa de vidas.

9 de marzo de 2017 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.