publicidade hoxe

A Deputación de Lugo achega 15.000 euros a MOEXMU e á Festa da Filloa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo unha xuntanza con representantes da comisión organizadora da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU) e da Festa da Filloa, que acolle o Concello de Cospeito. Campos Conde comprometeu unha axuda de 15.000 euros para contribuír á celebración destas citas que “impulsan o sector agrogandeiro e dinamizan a economía local”.

O Presidente puxo en valor o traballo da comisión organizadora “pois MOEXMU e a Festa da Filloa naceron grazas ao traballo dun grupo de veciños de Cospeito que decidiron unir esforzos co fin de promover este dous eventos, xa consolidados na nosa provincia, e que serven de escaparate gandeiro e gastronómico da Terra Chá”.

MOEXMU naceu en Muimenta no ano 1985 co obxectivo de impulsar actuacións para promocionar o comercio, o tecido empresarial, a actividade gandeira e agrícola. Actualmente, xa se converteu nun referente do sector agrogandeiro do país, tanto pola presenza coma pola calidade das cabezas de gando participantes.

A festa da Filloa naceu no ano 1992. É unha cita gastronómica, declarada de Interese Turístico Galego, que potencia un dos produtos máis típicos da Terra Chá.

22 de marzo de 2017 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.