publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña e o Concello de Cerdido investirán 152.500 euros na mellora de camiños e do alumeado público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCerdido
A-
A+

A Deputación da Coruña e o Concello de Cerdido investirán 152.499,41 euros na pavimentación de varios camiños e estradas municipais e na mellora da iluminación en dous núcleos do municipio.
O investimento, que se articulará a través de dous convenios de colaboración, vén de aprobarse na comisión de Plans Provinciais e Asistencia aos Concellos do pasado 23 de marzo e será sometido á ratificación do pleno provincial do vindeiro venres. O 80% do financiamento total de ambos proxectos será achegado pola Deputación, mentres que o 20% restante corresponderá ao Concello de Cerdido.

As obras consistirán na limpeza, fresado e posterior renovación da capa de rodadura do camiño que une Felgosas e Casaldaia de Arriba, en A Barqueira, cunha lonxitude de case dous quilómetros. Tamén serán obxecto de melloras o Camiño do Rego da Madeira a Os Casás (165 metros), o acceso ao lugar de O Piñón (A Barqueira), de 80 metros; o acceso e os camiños interiores de Casavella, cunha superficie total de 175 metros; e os accesos a Xiao e Redordaos.

O proxecto inclúe ademáis melloras no alumeado público nos núcleos de Fercoi e Seixas, coa instalación de novas luminarias.

28 de marzo de 2017 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.