publicidade hoxe

A Deputación da Coruña convoca o concurso de viñetas sobre sexualidade e igualdade de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

“IgualMente. Sexualidade e Igualdade de Xénero”é o tema da VIII Edición do Concurso de Viñetas que convoca a área de Igualdade da Deputación da Coruña. O concurso diríxese a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos e ten como obxectivo contribuír á “reflexionar, concienciar e mudar as mentalidades” entre a mocidade.

O concurso de Viñetas da área de Igualdade da Deputación da Coruña chega a súa oitava edición cunha convocatoria que ten como obxectivo promover a reflexión sobre a “importancia de gozar de relacións afectivas e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidade de xénero para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

A área de Igualdade promove o concurso como unha “iniciativa máis do programa de actividades e proxectos dirixidos á infancia e mocidade, para nós fundamentais para construír un mundo sen discriminación e sen machismo”, explica a responsábel da área de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco. A convocatoria deste ano destacará a importancia da educación afectiva da mocidade e, de maneira especial, quere incidir na necesidade social de “respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

Cada participante poderá presentar unha única obra orixinal e inédita, escrita en galego e composta por unha ou , como máximo, seis viñetas cun fío condutor. A temática irá desde as diferenzas entre sexo e xénero, estereotipos nas relacións, roles de xénero, relacións de parella igualitaria, diversidade afectiva-sexual, orientacións sexuais, ou identidades.

O concurso contempla dúas convocatorias, unha para participantes de entre 12 e 14 anos e outra para 15 e 18. O prazo de presentación é de 30 días naturais -ata o 12 de abril- desde a publicación no BOP que foi este luns 13 de marzo. As bases completas pódense consultar na seguinte ligazón: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/13/2017_0000001936.html

13 de marzo de 2017 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.