publicidade hoxe

A Consellería do Mar realiza melloras nas instalacións portuarias de Caión, na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia está a investir 45.000 euros na mellora do peirao de Caión, no concello coruñés da Laracha. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ao municipio.

Durán Hermida explicou que o seu departamento vén de dar comezo esta mesma semana ás obras de recalce para a reparación das oquedades que se rexistran no muro da marxe de entrada ao porto. Esta actuación resulta de urxencia para evitar que se poidan producir danos maiores nesta infraestrutura.

En concreto, os traballos consisten no recalce duns 20 metros do muro e o recheo da oquedade detectada na parte baixa, próxima á rampla. Tanto os recalces como o recheo do oco realizarase en formigón. Posteriormente completarase a obra coa limpeza e saneamento da zona. Finalmente, repoñeranse tamén as defensas, retirando as actuais defensas de rosario e substituíndoas por outras de tipo V e instalarase unha escala de gato.

2 de marzo de 2017 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.