publicidade hoxe

A Consellería do Mar instala un novo tren de fondeo no porto de San Cibrao de Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de comezar as obras para a ordenación das embarcacións fondeadas no porto de San Cibrao, no municipio lugués de Cervo. Esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, visitou estes traballos acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A ordenación das embarcacións fondeadas realízase a través da instalación dun tren de fondeos de 50 metros lineais. Esta dotación permitirá fixar o punto de fondeo das embarcacións que operan no porto de San Cibrao.

Durán Hermida explicou que Portos de Galicia destinará máis de 20.000 euros a esta actuación que dá resposta ás necesidades plantexadas polos usuarios do porto e o propio Concello de Cervo. Así mesmo destacou que a ordenación mediante este sistema permite maior operatividade e seguridade para as embarcacións fondeadas.

Finalmente, o presidente de Portos indicou que tamén se veñen de iniciar os traballos de repavimentación de 430 metros cadrados da explanada do peirao pesqueiro. O novo pavimento será de formigón de 20 centímetros de espesor e o orzamento desta obra é de 15.000 euros.

9 de marzo de 2017 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.